28 nov. 2012

A pequena fábrica de historias

Na nosa aula de 6º B temos unha pequena fábrica de historias, non hai ningunha dúbida. Estes contos, que son os últimos da terceira experiencia, son unha bonita mostra: falan de medos e perigos, pero tamén de amores e aventuras. Así e todo, o importante e a escritura e aprender a escribir, non que sexamos uns artistas. Iso xa se verá máis adiante…

[Artefacto empregado: As palabras poderosas]

Maria Pardo (2012)

27 nov. 2012

Do home lobo ao lagarto mutante

Con estas historias e as do post anterior, xa usamos as ideas do caldeiro máxico para imaxinar e escribir. Tamén prestamos un atención especial ás fórmulas marabillosas. E como novidade, incluímos por primeira vez o xogo creativo das palabras poderosas. Despois dunha consulta na aula, acordouse que cada equipo, se así o escollían os seus membros, podería introducir nas súas historias dúas desas palabras: perla e lagarto.

[Artefacto empregado: As palabras poderosas]

Andrea Moreno (2012)

24 nov. 2012

Unha canción para o proxecto

María Silva é a realizadora deste vídeo, que xa coñeces. E temos o seu permiso para usalo, o que lle agradecemos moito. En Portugal tamén foi utilizado noutras escolas para unir as xentes a as súas culturas. E Nostromo, nas súas viaxes pola Terra e o universo, quen sabe o que atopará?

[Artefacto empregado: As palabras poderosas]

23 nov. 2012

O rei Tritón e outros contos

Por fin, as historias de quinto xa están publicadas, e así Nostromo poderá navegar polos outros mundos que hai que descubrir. Porque o compromiso é non deixar ningún conto, e tampouco abandonar a ningún tripulante. Pero debemos esforzarnos todos, os alieníxenas están aí fóra e teñen moi mala pinta…

Ricardo Vzquez (2012)

22 nov. 2012

Novas aventuras de Ismaíl

Outra serie de historias que se corresponden coa segunda experiencia, do curso anterior, e que aínda non estaban publicadas nin foran antes compartidas. En cada unha delas hai un protagonista principal: Ismaíl. E por se acaso alguén pregunta, recoñezo que non sabía nada destas aventuras…

[Artefacto empregado: As fórmulas da marabilla]

Meritxell Regueira (2012)

17 nov. 2012

A fada, Rubén o pitufo e outras historias

Aínda que xa están case preparados os terceiros contos que se recolleron en Nostromo, os segundos non foran publicados. Imaxináronse a finais do pasado curso, pero hoxe algúns deles son mostrados aos nosos lectores… Agardamos que vos gusten!

[Artefacto empregado: As fórmulas da marabilla]

Hector Folgar (2012)

15 nov. 2012

Outros contos primeiros

Este post é a continuación de Os primeiros contos. Así que todo o se dicía nel sobre os protagonistas das historias, tamén serve para esta entrada…

[Artefacto empregado: As fórmulas da marabilla]

Clara Rivas (2012)

14 nov. 2012

Os primeiros contos

Non hai ningunha historia sen protagonista, e ás veces incluso son varios os personaxes importantes. Por iso, as súas características poden ser moi diversas: nenas e nenos, sereas mariñas, a Lúa e o mesmo Sol, piratas, ananos e gnomos, meigas e bruxas, fadas e princesas, a familia, os amigos, mariñeiros, labregos e viaxeiras...

[Artefacto empregado: As fórmulas da marabilla]

Gloria Uzal (2012)
Nota: Estas sorprendentes historias foron creadas case ao final do curso 2011-2012, no quinto nivel de primaria.

As ideas do Caldeiro Máxico

Nun sitio que tamén está está cheo de historias, e ao que no seu día chamamos Polgariño conta, aparecen estas ideas:

Preme aquí

O funcionamento deste caldeiro de historias admite moitas posibilidades. Algunhas delas son as seguintes:

Presentación

Esta é a historia dunha nave espacial que se chamaba Nostromo. Levaba como cargamento unha chea de historias e contos que recollía en cada unha das súas viaxes por todo o Universo.

Un día, alguén fíxolle un encargo moi estraño: viaxar ata Marte para recoller certas historias que estaban perdidas por aquela zona da nosa galaxia. Nostromo aceptou con ganas o encargo, pero alí atopouse cunha sorpresa moi mala. Había un alieníxena, que aproveitou a súa aterraxe para meterse no interior da nave e conseguir o seu obxectivo. Que non era outro que roubar todas as súas historias.

Debido a ese perigo, Nostromo solicitou a axuda da famosa "banda de 5º B", e que vivía nun mundo chamado O Burgo, no concello de Culleredo, en Galicia, nos confíns de España. Tratábase dun grupo de nenos e nenas que se esforzaban moito no CEIP Isaac Díaz Pardo, e que, ao final, venceron ao alieníxena, logrando así unha gran victoria.

Nostromo puido entón salvar todas as historias perdidas e seguir facendo felices a un montón de lectores, e a moitos nenos e nenas do mundo enteiro.
E aquí remata esta historia, que é máis longa ca unha cenoria...

Salvador Porto Dopico
xuño, 2012

A tripulacin de Nostromo

P.D.: Agora, cando empezamos este blog para gardar todas as nosas historias, aquela famosa “banda” xa está en sexto de primaria…